FEDERACION GALEGA DE GRUPOS DE DANZA
 
  PREMIO JUANJO LIÑARES
  Historial da Federación Galega de Grupos de Danza
  Eventos sinalados
  Xunta Directiva
  Grupos
  Contacto
  Novas
Historial da Federación Galega de Grupos de Danza



Federación Galega de Grupos de Danza foi fundada na cidade de Lugo nunha reunión á que asistiron varias agrupacións folclóricas galegas o dí­a 30 de Octubro de 1983. Nesa reunión constituiuse unha xunta xestora formada polos representantes dos grupos OS Biosbardos e Cantigas e Frores
, ambolosdous de Lugo e da Asociación Provincial de Coros e Danzas de A Coruña, que foron os encargados de levar a cabo tódolos trámites administrativos para conqueri-la súa legalización.

O seu primeiro Presidente foi Xulio Méndez Menéndez de Llano, representante de Cantigas e Frores
de Lugo, ó que sucedeu Emilio Sotelino Domarco, de Lembranzas Galegas de Vigo. Máis tarde foi Maruxa Román Vázquez, representante de Lembranza Solpor de Celanova (Ourense). De novo foi Xulio Méndez o que se fixo cargo da Presidencia. Posteriormente accedeu ó cargo Manuel Antonio Viqueira Verea, de Sementes da Arte de Ordes (A Coruña) e, dende o 24-04-2009, Oscar Navas Aranda, actual Presidente, representante de Ancoradoira de Culleredo (A Coruña).

As principais actividades desenroladas pola Federación Galega de Grupos de Danza, en tódolos casos coa colaboración da Consellerí­a de Cultura da Xunta de Galicia, foron as seguintes:

- Festivais Tradicionais - A principal actividade, levada a cabo de forma ininterrumpida dende fai anos, que consiste na cesión gratui­ta e no pago das viaxes de grupos da Federación para a organización de festivais folclóricos en divesos puntos da xeografí­a galega. Son os principais beneficiarios os propios grupos federados que se acollen a este plan e que, en definitiva, son os organizadores destes festivais.

- Festiga - Festival itinerante por varias localidades galegas, no que participaron varios grupos galegos, do resto do Estado e extranxeiros. Nestes festivais, que se desenrolaron durante cinco anos, dende 1990 a 1994, tamén colaboraron os concellos que acollí­an os espectáculos.

- Congresos - Celebrados nos anos 1987, 1994, 1995, 1997, 2002 e 2004, respectivamente na cidade de Ourense, no Pazo de Mariñán (A Coruña), no Castelo de Soutomaior (Pontevedra), no Paraninfo do Pazo Provincial de Lugo, de novo, no Pazo de Mariñán e, por último, na localidade de Ordes (A Coruña). Nestes congresos, nos que se contou coa inestimable colaboración e axuda das distintas Diputacións Provinciais, tratáronse diversas ponencias relacionadas coa cultura tradicional.

- Festival Tradicional Galicia 93 : Celebrado en Lugo no ano 1993, coa participación de grupos da Federación, de Canarias e Andalucía.

É de destacar, asimesmo, a colaboración existente co IGAEM en varias acividades, sendo a principal a edición no ano 2002 dun libro cos historiais e fotografías dos grupos federados.

A FGGD leva a cabo, asimesmo, outras actividades que é preciso destacar, tales como:

-- Asesorí­a ós grupos federados,
-- Información puntual ós grupos federados encol de distintos asuntos de interés, tales como convocatoria de subvencións, cursos prácticos e teóricos de folclore, conferencias, etc.,
-- Información ós organismos oficiais, cando así­ o solicitan, encol dos grupos, tanto federados como alleos, incluso dos de fora da nosa comunidade ou estranxeiros,
-- Organización de conferencias, exposicións de traxes tradicionais, cursos, etc.,
-- Colaboración técnico-artí­stica con aqueles grupos que a solicitan e
-- Participación de membros da Federación en xurados de festivais folclóricos, mesas redondas, etc.

 
   
CONVOCATORIA DO PREMIO JUANJO LIÑARES  
  CONVOCADO O PREMIO QUE LEVARÁ O NOME DO MAESTRO JUANJO LIÑARES, COA COLABORACIÓN DA FUNDACIÓN E O MUSEO DO MESMO NOME DE ORDES  
WEB DO MUSEO DO TRAXE JUANJO LINARES  
  En funcionamento a paxina web do Museo do Traxe "Juanjo Linares":
www.museojuanjolinares.org
 
VÉRONNOS 2696 visitantes (4989 clics a subpáginas) Graciñas
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis