FEDERACION GALEGA DE GRUPOS DE DANZA
 
  PREMIO JUANJO LIÑARES
  Historial da Federación Galega de Grupos de Danza
  Eventos sinalados
  Xunta Directiva
  Grupos
  Contacto
  Novas
PREMIO JUANJO LIÑARES
I PREMIO “JUANJO LIÑARES”
Á LABOR DE PROMOCIÓN E DIFUSIÓN
DA MÚSICA E DA DANZA TRADICIONAIS DE GALICIA
DA FEDERACIÓN GALEGA DE GRUPOS DE DANZA 2011
 
Este premio establécese co fin de recoñecer e valorar á agrupación, sociedade, asociación ou colectivo cunha destacada laboura no fomento e difusión da Música e Danza Tradicionais de Galicia.
           
            As bases polas que se rexe a concesión deste premio son:
                                  
1.     Poderá optar ó Premio “Juanjo Liñares” toda aquela persoa física, agrupación, asociación ou colectivo de Galicia que teña fins de fomento e difusión do folclore galego, nos eidos da Música e Danza Tradicional nas súas vertentes investigadora, educativa, artística, impulsora e/ou formadora. 
2.     As candidaturas poden presentarse directamente polas propias persoas, colectividades ou por terceiras persoas.
3.     O prazo de presentación de candidaturas para o premio será do 17 de febreiro  de 2011 ata o 31 de decembro do mesmo ano.
4.     As candidaturas constarán dos seguintes datos: Nome do/a candidato/a, persoa que a representa, CIF da persoa ou asociación, dirección postal, correo electrónico, páxina web, teléfonos de contacto, currículo ou historial da persoa ou asociación, memoria dos traballos a destacar no que se especifiquen as principais razóns polas que se presenta a candidatura.
5.     As candidaturas deberán remitirse por correo certificado á dirección da Federación Galega de Grupos de Danza: A.C. 1034, 15080, A Coruña.
6.     Aqueles datos que non se inclúan nesa carta certificada serán solicitados polos medios axeitados para ser completados no prazo de 15 días despois da recepción da resposta. En caso contrario, a candidatura será rexeitada.
7.     O xurado estará composto polo Presidente e a Secretaría/o da Federación Galega de Grupos de Danza, un representante dun grupo da mesma federación e dous invitados decididos pola Xunta Directiva da Federación Galega de Grupos de Danza. Este xurado dictará o fallo do premio no prazo de dous mes despois de finalizado o prazo de presentación da documentación das candidaturas. O Presidente da Federación Galega de Danza procederá como voceiro do xurado na comunicación o premio á asociación agasallada.
8.     O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos abondos nas candidaturas presentadas.
9.     O premio constará de diploma e obsequio conmemorativo.
 
 
 
   
CONVOCATORIA DO PREMIO JUANJO LIÑARES  
  CONVOCADO O PREMIO QUE LEVARÁ O NOME DO MAESTRO JUANJO LIÑARES, COA COLABORACIÓN DA FUNDACIÓN E O MUSEO DO MESMO NOME DE ORDES  
WEB DO MUSEO DO TRAXE JUANJO LINARES  
  En funcionamento a paxina web do Museo do Traxe "Juanjo Linares":
www.museojuanjolinares.org
 
VÉRONNOS 2667 visitantes (4932 clics a subpáginas) Graciñas
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis