FEDERACION GALEGA DE GRUPOS DE DANZA
 
  PREMIO JUANJO LIÑARES
  Historial da Federación Galega de Grupos de Danza
  Eventos sinalados
  Xunta Directiva
  => Estatutos actualizados
  => Réxime interno
  Grupos
  Contacto
  Novas
Réxime interno

REGULAMENTO ORGÁNICO DE RÉXIME INTERNO DA FEDERACIÓN GALEGA DE GRUPOS DE DANZA

 

TÍTULO I – DISPOSICIÓNS XERAIS

 

Artigo 1

A FEDERACIÓN GALEGA DE GRUPOS DE DANZA (para o sucesivo “Federación”), no exercicio da potestade que lle recoñece o artigo 37 dos seus Estatutos, promove polo presente Regulamento Orgánico de Réxime Interno a súa organización e réxime de funcionamento dos órganos básicos e complementarios que, no mesmo, se establecen.

 

Artigo 2

A organización e o funcionamento interno da Federación axustarase á seguinte orde xerárquica:

1)       Os seus Estatutos,

2)       O presente Regulamento.

 

Artigo 3

Corresponde á Asemblea Xeral dictar instruccións interpretativas e/ou aclaratorias da normativa reseñada no artigo anterior.

 

TÍTULO II – SISTEMA ORGANIZATIVO

CAPÍTULO 1 - SESIÓNS

Artigo 4

O tipo de sesións e as súa convocatoria rexirase polo estabrecido no artigo 11.2.b dos Estatutos.

 

Artigo 5

5.1.- As sesións da Xunta Directiva poderán celebrarse tendo en conta as posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías (teleconferencias, videoconferencias, internet, etc.), co úneco requisito de que a participación a distancia dos membros da Xunta Directiva non ofreza nenguna dúbida ós demáis compañeiros que participen no evento.

5.2.- As reunións das Asembleas Xerais deberán ser sempre presenciais.

 

Artigo 6

6.1.- A Orde do Día das sesións será fixada pola Presidecia cando se trate duna reunión da Xunta Directiva e por esta cando sexa Asemblea Xeral,

6.2.- Nas sesións ordinarias será obligatoria a inserción na Orde do Día dos seguintes puntos:

a)       Como punto de apertura: “Lectura e aprobación, se procede, da/s acta/s da/s sesión/s anterior” e

b)       Como punto de peche: “Rogos e Preguntas”.

 

Se se trata de unha Asemblea Xeral é preciso incluir, ademáis:

a)       “Relación de actividades desenroladas durante o exercicio vencido”,

b)       “Estado da Tesorería no exercicio vencido. Estudo e aprobación, se procede” e

c)       “Proposta de aprobación do orzamento para o ano en curso”.

 

Artigo 7

7.1.- A Xunta Directiva estará obligada a convoca-la Asemblea Xeral Extraordinaria no suposto ó que se refire o artigo 17 dos Estatutos nun prazo non superior ós dous meses a contar dende a data de entrada do escrito de solicitude na Secretaría da Federación.

7.2.- A relación de puntos a incluir na Orde do Día a petición dos solicitantes no suposto ó que se refire o punto anterior, non enerva a facultade da Xunta Directiva de engadir outros por motivos de urxencia ou simple oportunidade.

 

Artigo 8

8.1.- Os Rogos e Preguntas deberán formularse por escrito ante a Secretaría da Federación ata 24 horas antes da celebración da Asemblea Xeral, aínda que, excepcionalmente e por motivos que xustifiquen claramente a imposibilidade para facelo por escrito, poderán plantexarse oralmente.

8.2.- O interpelado poderá contestalos oralmente no mesmo acto ou por escrito nun prazo non superior ós oito días.

 

Artigo 9

A Presidencia poderá chamar á orde a calquer representante de grupo federado que:

a)       Profira conceptos ofensivos hacia a Federación ou calquera dos seus membros, ou hacia calquera outra entidade ou persoa,

b)       Produza interrupción non autorizada pola Presidencia ou que, de calquera outra forma, altere a orde das sesións e

c)       Pretenda facer uso da palabra cando non lle fose concedida ou lle fose retirada.

 

 

Artigo 10

As sesións da Asemblea Xeral son púbricas.

O púbrico asistente á sesión non poderá intervir, nen tampouco se lle permitirán manifestacións de agrado ou desagrado.

 

CAPÍTULO 2 - VOTACIÓNS

 

Artigo 11

O voto dos grupos federados é indelegable.

 

Artigo 12

As votacións poderán ser ordinarias, nominales ou secretas.

12.1.- O sistema normal de votación será o ordinario. Levarase a cabo a man alzada.

12.2.- A votación nominal requerirá a solicitude de calquera dos representantes dos grupos federados e será aprobada pola Asemblea Xeral en votación ordinaria por maioría simple. Levarase a cabo mediante a chamada nominal de cada un dos grupos federados, que manifestarán así o seu voto.

12.3.- A votación secreta é obrigatorio utilizala para a elección ou destitución dalgún dos grupos federados, así como nos asuntos que afecten ós dereitos fundamentais dos cidadáns recoñecidos no artigo 18 da Constitución Española. Levarase a cabo nunha furna ou de calquera outra forma que garantice o secreto dos votos emitidos.

 

Artigo 13

13.1.- Cando sexa necesaria unha votación, a Presidencia plantexará crara e concisamente os termos da mesma e a forma de emiti-lo voto.

13.2.- Unha vez iniciada a votación non poderá interrumpirse por ningún motivo nen se pemitirán máis intervencións de debate.

13.3.- En caso de empate, repetirase a votación e, se este persistise, decidirá a Presidencia co seu voto de calidade.

 

Artigo 14

Cando existan enmendas votaranse estas en primeiro lugar. De seguido votaranse as propostas.

 

CAPÍTULO 3  – ORGANIZACIÓN COMPLEMENTARIA

 

Artigo 15

Son órganos complementarios, que non obrigatorios, da Federación:

a)       Os Directivos Delegados,

b)       As Comisións de Traballo,

c)       A Comisión Especial de Contas e

d)       As Comisións Especiais.

 

Artigo 16

16.1.- Os Directivos Delegados son aqueles membros da Xunta Directiva que ostenten algunha das delegacións da Presidencia, de acordo co artigo 11.2.f dos Estatutos.

16.2.- A condición de Directivo Delegado pérdese nos casos seguintes:

a)       Por renuncia expresa,

b)       Por revocación da delegación adoptada pola Presidencia e

c)       Polo remate dos trámites delegados.

 

Artigo 17

Terase en conta o especificado no artigo 13.6 dos Estatutos.

As Comisións de Traballo estarán integradas por todos aqueles grupos federados que o desexen, que estarán representados pola persoa que cada un deles desiñe.

Son órganos coas atribucións resolutorias que lles delegue a Xunta Directiva.

As Comisións de Traballo constituiranse con carácter xeral. O seu número, competencias e denominación iniciais, así como como calquer variación nas mesmas decidirase mediante acordo da Xunta Directiva.

 

 

 

Artigo 18

A Comisión Especial de Contas constituirase se así o acorda a Xunta Directiva ou a instancia dun sexto dos grupos federados.

Estará composta polo Tesoreiro, que a presidirá, e por tres representantes alleos á Xunta Directiva elexidos en Asemblea Xeral. Terá o mesmo funcionamento que as demáis comisións de traballo.

 

Artigo 19

As Comisións Especiais serán creadas por providencia da Presidencia ou por acordo da Xunta Directiva ou Asemblea Xeral para o estudio dalgún asunto en concreto en consideración das súas características especiais.

Estas comisións, salvo consideración expresa en contario, extinguiranse automáticamente unha vez teñan dictaminado ou informado o asunto que constitue o seu obxecto.

A súa composición e competencias serán acordadas polo órgano que decida a súa constitución.

 

Artigo 20

Ninguna comisión poderá deliberar sobre asuntos da competencia de outras, a menos que se trate de temas comúns, en cuio caso a Presidencia da Federación, a instancia dos presidentes das comisións afectadas, poderá convocar unha reunión conxunta.

 

CAPÍTULO 4 – REPRESENTATIVIDADE

 

Artigo 21

21.1.- Os grupos federados veranse obrigados a nomear por escrito ós seus representantes.

21.2.- Dito nomeamento poderá ser indefinido, en cuio caso a persoa desiñada ostentará a representación ata que esta sexa rebocada, ou puntual para un evento en concreto.

 

Artigo 22

22.1.- Os grupos que conformen a Xunta Directiva designarán por escrito á persoa que ostentará a representación e que exercerá o cargo directivo que lle corresponda.

22.2.- En caso de abandono das súas funcións como consecuencia de falecemento, dimisión ou cese dalgún dos representantes dos grupos que conformen a Xunta Directiva, o seu grupo verase obrigado a nomear sustituto nun prazo non superior a 30 días para que éste siga exercendo o cargo directivo que lle corresponda.

22.3.- En caso de non proceder ó nomeamento no prazo estipulado no apartado anterior, considerase a tódolos efectos vacante provisional o cargo directivo que se vexa afectado, podendo proceder a Xunta Directiva na forma en que se estipula no penúltimo párrafo do artigo 12 dos Estatutos.

22.4.- A situación normalizarase unha vez que o grupo afectado nomee ó seu representante.

 

TÍTULO III – SISTEMA ELECTORAL

Artigo 23

Para a elección dos membros da Xunta Directiva terase en conta o estipulado nos artigos 11.1, 12.3 e 12.4 dos Estatutos.

 

Artigo 24

As candidaturas deberán presentarse obrigatoriamente por escrito e deberán ir asinadas polo representante cualificado de cada un dos grupos que na mesma se refrexen.

 

Artigo 25

Todos os grupos candidatos, a traveso dos seus representantes, poderán intervir se o desexan para exponer o seu programa durante a Asemblea Xeral que debata a elección, por un espacio non superior ós 5 minutos se o fai a título individual, ou 15 minutos, se o fai en representanción dunha candidatura pechada.

Ditas intervencións faranse na mesma orde en que teñan presentadas as candidaturas respectivas e, en ningún caso, darán lugar a réplica.

 

Artigo 26

Por providencia da Presidencia constituirase, previamente á celebración da Asemblea Xeral na que se proceda á elección de cargos, o Comité Electoral, que, asistido pola Secretaría da Federación, que actuará sen dereito a voto, estará formado por tres grupos federados a traveso dos seus representantes.

 

Artigo 27

As competencias do Comité Electoral son as seguintes:

a)       Cuidar da boa marcha, en xeral, do proceso electoral,

b)       Estudiar todas e cada unha das candidaturas presentadas e informar se as mesmas reunen todos os requisitos esixidos nos Estatutos e neste Regulamento e

c)       Proclamar oficialmente as candidaturas que reunan os devanditos rquisitos.

 

Artigo 28

Calquer candidato ou grupo de candidatos non proclamados oficialmente polo Comité Electoral poderá recurrir dito acordo diante da Asemblea Xeral, que decidirá por mayoría simple e en votación secreta celebrada antes do punto da Orde do Día que trate sobre a elección. Neste caso, o fallo adoptado pola Asemblea Xeral será inapelable.

 

Artigo 29

Todos os cargos que resulten electos tomarán posesión unha vez que, xunto cos demáis membros da Xunta Directiva, se acorde a distribución dos mesmos, a excepción do Presidente, que será elexido pola Asemblea Xeral expresamente e que tomará posesión ó remate da mesma.

 

TÍTULO IV – HONORES E DISTINCIÓNS

Artigo 30

A Federación poderá conceder a aquelas persoas ou entidades que se distingan pola defensa , promoción, exaltamento e todas aquelas circunstancias que diñifiquen o folclore e cultura galegos, os honores e distincións que estimen oportunos.

 

Artigo 31

Unha vez presentada a proposta de distinguir a determinada personalidade ou entidade por parte da Asemblea Xeral, Xunta Directiva ou de calquer grupo federado, a Presidencia, nun prazo non superior ós 15 días, dictará unha providencia constituindo o Comité de Honores, que, asistido pola Secretaría, que actuará sen dereito a voto, estará formado por tres grupos federados.

 

Artigo 32

As competencias do Comité de Honores son as seguintes:

a)       Estudiar detidamente a proposta de distinción presentada,

b)       Elevar a Asemblea Xeral, nun prazo non superior ós 60 días, un informe sobre a conveniencia ou non de conceder a distinción e

c)       Propoñer, en caso de informe positivo, a distinción a conceder.

 

Artigo 33

Non obstante, a competencia de concesión de honores e distincións será sempre da Asemblea Xeral.

 

TÍTULO V – MEDIDAS DISCIPLINARIAS

Artigo 34

As medidas disciplinarias hacia os socios da Federación serán competencia da Xunta Directiva, aínda que este acordo deberá ser obrigatoriamente ratificado pola Asemblea Xeral. A tal efecto terase en conta o especificado nos artigos 7.1.b, 7.1c, 7.2, 8.3, 13.10 e 20.8 dos Estatutos.

 

Artigo 35

35.1.- As faltas cometidas por un grupo asociado serán calificadas pola Xunta Directiva como leves, graves ou moi graves.

35.2.- Se nun prazo de dous anos un grupo comete duas faltas leves, considerarse grave. Se no mesmo prazo comete duas graves, considerarase moi grave.

 

Artigo 36

36.1.- Unha falta calificada pola Xunta Directiva como moi grave implicará a expulsión inmediata da Federación do grupo afectado.

36.2.- Se a expulsión é ratificada pola Asemblea Xeral o grupo afectado non poderá volver a formar parte da Federación mentras non se retracte da falta cometida, procedendo, entón, a solicitar a admisión na forma en que se sinala no artigo 6.2 dos Estatutos coma se de un novo grupo se tratase, anque, neste caso, a competencia de admitir o grupo será da Asemblea Xeral.

 

Artigo 37

Cando a Xunta Directiva acorde calificar a falta de algún grupo deberá comunicarllo de forma en que quede constancia nun prazo non superior ós 15 días, podendo recurrir o grupo afectado no mesmo prazo e forma diante da mesma Xunta Directiva.

Artigo 38

Cando exista recurso, a Xunta Directiva decidirá na primeira reunión que celebre por maioría simple e en votación secreta.

DISPOSICIÓN ADICIONAL: O presente Regulamento entrará en vigor unha vez sexa aprobado pola Asemblea Xeral da Federación.

 
   
CONVOCATORIA DO PREMIO JUANJO LIÑARES  
  CONVOCADO O PREMIO QUE LEVARÁ O NOME DO MAESTRO JUANJO LIÑARES, COA COLABORACIÓN DA FUNDACIÓN E O MUSEO DO MESMO NOME DE ORDES  
WEB DO MUSEO DO TRAXE JUANJO LINARES  
  En funcionamento a paxina web do Museo do Traxe "Juanjo Linares":
www.museojuanjolinares.org
 
VÉRONNOS 2706 visitantes (5004 clics a subpáginas) Graciñas
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis